Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O martes abre o prazo de inscrición para a ruta de sendeirismo pola península do Grove

 Oleiros, 11 de marzo de 2022-. O sábado día 26 de marzo o Concello organiza unha ruta de sendeirismo pola península do Grove, con visita turística á Illa da Toxa. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario na web do Concello a partir do martes 15 de marzo ás 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

 
A ruta irá desde San Vicente do Mar ata o Porto de Meloxo percorrendo a ZEC “Complexo Ons-O Grove”, a salgadeira de Barcela, o miradoiro e aula de natureza de Siradella ou a Lagoa da Bodeira. A distancia a percorrer é de 14 km e está cualificada como de dificultade media.
 
A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida á persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
back link