Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello renovará totalmente os parques infantís de Iñás e da Escola infantil da Pardela

O Concello sacou a contratación a obra de   renovación e ampliación da área de xogos infantís do parque da Casa do pobo de Iñás e da Escola infantil da Pardela, nos Regos. O investimento nestas actuacións será de 124.358,63 euros.

En ambos casos vanse retirar os actuais xogos para ampliar os parques, renovar o pavimento e instalar novos aparatos. Ademais, no caso de Iñás mellorarase a iluminación e instalaranse dúas mesas.
 

back link