Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza unha ruta de sendeirismo polas insuas do río Miño

O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza continúa con novas excursións. A próxima saída está programada para o sábado día 30 de setembro e inclúe unha ruta de sendeirismo polas insuas do río Miño, de Outeiro de Rei a Lugo, e a visita á Casa-Museo de Manuel María.

A ruta a pé sairá de Outeiro de Rei e rematará en Lugo, pasando pola Carballeira de Santa Isabel, muíño e capela de Santa Isabel, Caneiro do Piago, Insuas de Seivane, Ponte Ombreiro, Porto Meal, Aceña de Varela e ponte romana de Lugo. A distancia a percorrer é de 19 km e está cualificada como de dificultade media-baixa.

A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir do 19 de setembro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado na Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
 

back link