Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza unha excursión para percorrer a Ruta da Auga, en Guitiriz

Oleiros, 5 de abril de 2019-. A próxima das saídas do programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza será o vindeiro 27 de abril. As persoas participantes van realizar unha ruta de sendeirismo por Gutiriz, pola coñecida como Ruta da Auga.

A  camiñada a pé pola Ruta da Auga partirá de San Alberte e rematará en Pardiñas. A distancia a percorrer é de 19,6 km e está cualificada como de dificultade baixa. Durante o traxecto visitarase a Capela de Santo Alberte, a fonte da Fame, o Balneario de Guitiriz e o de Pardiñas, o Muíño da Parga, o Pazo do Marqués de Camarasa ou o reloxo de sol de Guitirz, entre outros lugares.

O prazo de inscrición para esta excursión abre o vindeiro luns día 8 de abril. Para apuntarse ou obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico cultura@oleiros.org.

back link