Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza unha excursión a Betanzos o sábado 9 de xuño

Oleiros, 23 de maio de 2018-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 9 de xuño unha excursión a Betanzos con visita guiada polo casco histórico e pola Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea. Ofértanse 50 prazas e a actividade será gratuíta.

Ao remate das dúas visitas, darase un tempo libre para xantar polo casco histórico e gozar dos produtos gastronómicos típicos do lugar, como pode o viño e a tortilla. A volta está prevista a primeira hora da tarde.

O prazo de inscrición abre o vindeiro luns día 28 de maio. Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou dos correos electrónicos e
cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org.

back link