Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza un obradoiro de danza urbana

Oleiros, 23 de abril de 2018-. Para conmemorar o Día Internacional da Danza, o Concello de Oleiros organiza un obradoiro de danza urbana que terá lugar o vindeiro sábado día 28 de abril, de 11:30 a 13:30 horas, na Escola Municipal de Danza. Esta actividade é gratuíta e as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, que se levará a cabo na propia Escola Municipal de Danza ata o xoves en horario de 17:00 a 20:00 h.

Ademais, o domingo ás 12:00 h a praza de Esther Pita de Santa Cruz acollerá a Jam session. Todas as persoas poden achegarse para gozar desta festa da danza.
 

back link