As rutas terán lugar os sábados e domingos ás 10:30 h da mañá, ofrecendo á cidadanía a oportunidade de descubrir a riqueza xeolóxica, a biodiversidade e a paisaxe deste espazo natural único, da man dunha guía especializada.
O programa inclúe dous percorridos diferentes. O primeiro é a ruta Seixo Branco-Furnas (2,5 km) e o segundo é o itinerario de Porto de Dexo, de 4 km, que permite unha experiencia máis ampla polos contornos naturais e culturais da costa.