Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros e actividades dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións a espazos naturais fóra de Oleiros, mini campamentos, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, xogos deportivos, parkour, calistenia, orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo, tiro con arco, artes plásticas, olería, ilustración e cómic, pintura, gravado, graffiti,...