Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello leva décadas reclamando a creación dun centro de saúde digno na Casa do Mar de Mera

O Goberno municipal de Oleiros, xunto coas entidades veciñais do norte do municipio, leva décadas reclamando a creación dun centro de saúde digno no edificio da Casa do Mar de Mera. Tal e como sempre se manifestou por parte do Concello, resulta cada vez máis urxente ampliar o espazo destinado ao consultorio médico de Mera utilizando máis espazos na Casa do Mar, para poder incrementar e mellorar a actual prestación de servizos médicos, creando así un verdadeiro Centro de Saúde, acorde coas necesidades presentes e futuras das parroquias de Maianca, Serantes e Dexo (actualmente máis de 5.000 persoas).

En xaneiro de 2024 o pleno municipal aprobou reclamar á Xunta de Galicia a ampliación dos espazos destinados a centro médico no edificio da Casa do Mar, por estar infrautilizado. Nin PP nin PSOE votaron a favor naquel momento desa proposta. Agora, ano e medio despois, o PP anuncia que cambia de postura. 

“Agora vén o Partido Popular dicindo que olé ao que dixo sempre o Concello de Oleiros. Que si, que temos razón, que hai que amplialo. Pois tarde piaches, pero... que o fagan, que iso é o que desexamos e polo que tanto levamos loitando”, comentou o alcalde Ángel García Seoane. 

A raíz das continuas demandas do Concello, a Xunta de Galicia procedeu a realizar unha pequena reforma que si mellora a situación pero que resulta insuficientes para dotar o centro dos profesionais que realmente se necesitan. Tamén recentemente, despois das denuncias públicas do Concello, procedeuse a arranxar os graves danos estruturais do edificio, que chegaron a producir caída de cascotes sobre os accesos da instalación.

back link