Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello está a traballar no proxecto europeo de mellora da eficiencia enerxética

 Oleiros, 14 de setembro de 2020-. O Concello de Oleiros está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.

 
Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello de Oleiros sumouse tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.
 
Con motivo deste proxecto, realizaranse enquisas entre as empresas e comercios de Oleiros sobre os consumos enerxéticos. O único dato que se solicitará será o do consumo enerxético. Desde o Concello solicítase a colaboración da cidadanía para poder deseñar a mellor estratexia posible para o medio ambiente.
back link