Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello demandará á Xunta a construción dunha cuberta no patio do CEIP Juana de Vega

 Oleiros, 11 de setembro de 2020-. Atendendo as peticións de toda a comunidade educativa, o Concello de Oleiros vai dirixirse á Xunta de Galicia para trasladarlle a necesidade de crear unha zona cuberta no patio do CEIP Juana de Vega. É a Consellería de Educación a que ten as competencias para poder realizar esta obra.

 
“Que saiban todos os pais e nais que non é o Concello o que tería que facer esa obra. Nós o que si imos facer é pedirlle á Xunta que se programe a construción dunha cuberta e que así os nenos e nenas poidan utilizar o patio todos os días. Ademais de realizar esa demanda, o Concello vai abrir unha parte da Finca Tenreiro (todo non é posible porque temos obras alí), para que os profesores poidan sacar aos nenos e teñan máis espazo para os recreos”, dixo o alcalde.
 
back link