Son convocatorias lúdicas, atractivas e creativas especificamente creadas para grupos de entre 2 e 4 anos (contacontos), maiores de 5 (maxia, narración de contos etc.) e maiores de 6 (obradoiros de ciencia, malabares etc.).
Xa que a capacidade é limitada, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, desde dez días antes da súa celebración, ben persoalmente, ben por teléfono ou en liña en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete.
O programa conta coas compañías Trémola Teatro, A Xanela do Maxín, Tarabelos Teatro, Eduvía e Un Mar de Cores; contacontos como Raquel de Ana, Charo Pita, Ramiro Neira, Marta Ortiz, Raquel Crespo, Catuxa Cela, Ariadna Santana e Raquel Queizás. A eles hai que engadir artistas como Pablo Díaz e Pakolas, divulgadoras da ciencia como Leader Dreams, Ciencia Kids, Cuarto de Inverno; a maxia e historias fabulosas de 2 Minds Combined, Pedras de papel, Mago Rafa, Mago Pedro Bugarín, Dani Blanco, Fraga dos mouros, Magia en la manga ou Donde viven los cuentos.