Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello apoia as demandas do ANPA Valle Inclán ante a falta de profesorado

Ante a situación de falta de profesorado no centro, e tras o acordado na asemblea celebrada o pasado día 24, a ANPA do CEIP Valle Inclán convocou unha concentración diante do colexio, apoiada polo Concello e na que a concelleira de Ensino, María José Santos, representou ao Goberno municipal.

A situación que se denuncia é a falta de profesorado para cubrir as gardas e de persoal de apoio. Actualmente o centro ten unha poboación escolar de 450 alumnos e 37 membros do profesorado. Isto implica que cando falta algún membro do claustro, non contan con persoal para cubrir gardas e incluso pode suceder que se atopen na situación de que un só mestre se teña que facer cargo de dúas aulas ao mesmo tempo; esta escaseza implica igualmente unha redución nos tempos que o profesorado pode dedicar á coordinación e á atención de proxectos didácticos. Así mesmo, o persoal de apoio é insuficiente para cubrir todas as necesidades do alumnado.

 A ANPA informa que teñen previsto levar a cabo mobilizacións todos os luns ata que a situación se resolva.

back link