Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Castelo de Santa Cruz ilumínase de verde polo Día Mundial da ELA

Oleiros, 21 de xuño de 2019-. O Concello de Oleiros súmase hoxe ao do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica coa iluminación de cor verde do Castelo de Santa Cruz. Desta maneira, Oleiros colabora coa Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica na campaña #LuzporlaELA, coa que se pretende facer visible esta enfermidade e apoiar as persoas que a padecen para concienciar a sociedade sobre as dificultades que a ELA implica no seu día a día.

back link