Oleiros, 10 de abril de 2019-. A compañía N+1 presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Involución. Este espectáculo de novo circo é obra de Fredi Muíño e esta dirixido por Pablo Sánchez.
O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.