No acto estiveron presentes o Director territorial na Coruña da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce Prego, o Alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, e a Concelleira de Deportes, Formación e Emprego, Turismo e Promoción do Emprego, Teresa Vázquez Maseda, encargados de facer a entrega dos diplomas.
Este programa mixto de formación e emprego foi subvencionado pola Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración, polo Ministerio de Traballo e Economía Social e o Concello de Oleiros. A subvención da Xunta foi de 422.866 € e a achega do Concello foi de 39.987,15 €.
A duración do proxecto foi de nove meses, nos que os se formaron en diversas áreas: traballos de carpintería e moble, aplicación de vernices e lacas, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e conservación e mellora de montes. Ademais, recibiron formación complementaria noutros ámbitos coma alfabetización dixital, xestión empresarial e prevención de riscos.
Desde a área de emprego do Concello trabállase para favorecer a inserción laboral das persoas que participaron no obradoiro dual en empresas do sector. Neste sentido, o Concello de Oleiros subvencionará ás empresas con 1.500 euros por cada un dos alumnos/as formado neste obradoiro dual de emprego que contraten.
As empresas interesadas poden obter máis información no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo nos Regos.