O teatro As Torres de Santa Cruz acolleu a entrega de premios do certame literario “Descubrindo Oleiros” onde os gañadores e gañadoras puideron compartir co público asistente os seus relatos a viva voz.
O xurado do certame, atendendo á corrección lingüística, á calidade textual e á orixinalidade concedeu os premios nas diferentes categorías nas que se presentaron un total de 215 relatos.
Na primeira categoría (3º e 4º de primaria) resultou gañadora Mar Pérez Noriega, co seu relato "O rato Nuno". Nesta categoría, outorgouse tamén un accésit a Pedro Vilela Quintela polo texto "A buxaina viaxeira". Na segunda categoría (5º e 6º de primaria) o xurado decidiu que pola súa orixinalidade fose a gañadora Laura Barros Sanguino polo seu relato "Rosas". Nesta mesma categoría outorgouse tamén un accésit a Kamila Castrillo García polo relato "Os nenos do Golfiño".
Canto á terceira categoría (1º e 2º da ESO) resultou gañadora Alba Caridad Castro co relato "Branco. Peixe voador de sete patas". Na cuarta (3º e 4º da ESO) a premiada foi Tariqua Brandón Rey por "As meigas de Ibarrola. A casa dos suspiros".
Finalmente, na quinta categoría (rapazada de 15 e 16 anos) resultou gañador Ignacio Márquez Ricoy que presentou o relato "Amigos” e na sexta, categoría correspondente coas persoas adultas, gañou "De camiño á igrexa", de Raquel Ríos Vázquez.
O acto estivo acompañado polas músicas dos Grupo de gaitas Santaia que interpretou o Himno Galego como colofón final.
Os relatos gañadores serán publicados na web municipal e serán retransmitidos por Radio Oleiros.
O Concello de Oleiros agradece a participación e a implicación dos centros de ensino do municipio así como como de todos as persoas participantes do certame.