Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Convocada unha concentración solidaria co pobo ucraíno ante a Casa do Concello

 Oleiros, 8 de marzo de 2022-. Mañá mércores día 9 de marzo, ás 12.00 horas, haberá unha concentración solidaria co pobo ucraíno ante a Casa do Concello de Oleiros. Está previsto que este acto se realice de maneira simultánea en todo o Estado, ante as respectivas casas consistoriais.

 
Trátase dun acto simbólico para trasladar o apoio e afecto do Concello de Oleiros a todas as persoas que están sufrindo as consecuencias da invasión de Ucraína por parte de Rusia.
back link