Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Contratada a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar por 9,8 millóns de euros

 Oleiros, 24 de setembro de 2020-. Despois de anos de loita do Concello de Oleiros para lograr que o Ministerio de Fomento realizara a obra de mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo, hoxe foi adxudicada definitivamente por importe de 9.813.642,04 euros. Os traballos comezarán antes de final de ano.

 
Desde o ano 2004, o Concello de Oleiros estaba a reclamar esta actuación ao Ministerio de Fomento para que se construíra un túnel e unha rotonda na superficie para axilizar o tráfico neste punto dunha das estradas de máis tráfico de toda Galicia. “Por fin! No 2004 comezamos a demandar esta obra. No 2007 xa estaba o proxecto aprobado e ía contratarse, pero quedou todo paralizado pola crise, e desde entón non daba saído... Pero non hai como ser constantes na loita. Despois de toda a batalla que se dou, debemos felicitarnos todos e todas por lograr esta importante obra para Oleiros e para o conxunto dos cidadáns da comarca da Coruña”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
back link