Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás As bibliotecas municipais reciben o premio á innovación bibliotecaria de Galicia

A Xunta de Galicia concedeu o Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2024, na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes, ao Concello de Oleiros polo proxecto “Ler para saber: a ciencia” que se desenvolve na Biblioteca Rialeda. Este é un proxecto organizado polo Concello xunto co CEIP Ramón María del Valle Inclán, que coordina todas as actividades a través da profesora Fina Mosquera.

O programa consiste en charlas e obradoiros de divulgación científica dirixidos a todos os públicos maiores de 10 anos. Os distintos conferenciantes fan uns relatos de forma sinxela e comprensible para que as persoas asistentes poidan asimilar os conceptos e ideas básicas sobre a temática tratada, aprendendo diversos coñecementos e conceptos importantes.

Ademais da colaboración dos relatores, que participan nesta actividade de forma altruísta e gratuíta é imprescindible a implicación do profesorado, alumnado e pais e nais de alumnado do CEIP Valle Inclán, así como profesorado da Universidade da Coruña e de educación secundaria de diversos institutos, diversos profesionais e expertos como enxeñeiros, científicos de misións planetarias, médicos, arquitectos, nutricionistas, veterinarios, informáticos, biólogos, membros de diversas asociacións como Greenpeace, Asociación Micolóxica Coruñesa, técnicos dos Museos Científicos Coruñeses...

back link