Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A compañía Kirenia Danza presenta o sábado Emigrantas, no Auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 3 de outubro de 2022-. O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Kirenia Danza presenta o seu espectáculo Emigrantas, dirixido por Kirenia Martínez Acosta, con David Loira e Esther Latorre en escena. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio. 

 
Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dúas intérpretes en escena viven unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria. A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes.
 
back link