O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten aberto ata o 22 de setembro o prazo de inscrición no curso en liña 'Localizando a Axenda 2030: O papel clave dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'. A actividade desenvolverase no mes de outubro, con matrícula de balde. Ademais, é posible consultar o programa e apuntarse na web: https://bit.ly/3lES6eA.