Novas

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición para participar na Brigada José Martí

O Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos abriu o prazo de inscrición para participar na Brigada José Martí, que terá lugar no Campamento Internacional Julio Antonio Mella, entre os días 4 e 22 de xullo do ano 2016.

Participar nesta Brigada constitúe unha excelente oportunidade para coñecer o legado histórico de José Martí, Heroe Nacional de Cuba, así como propiciar o intercambio fraternal entre cubanos e europeos sobre temáticas de actualidade e interese relacionadas con Cuba e en particular sobre os resultados acadados nestes anos de Revolución, ademais de servir como ponte de amizade a todos aqueles interesados en ter unha visión máis obxectiva de Cuba.
 

MÁIS INFORMACIÓN: brigadas@hispanocubana.com