Igualdade

Imagen introducción igualdad

Hai contrastes sociais que temos que combater. Un deles é o que afecta a máis da metade da poboación: as mulleres. Levamos moito andado, mais a lacra do machismo está tan enraizada estruturalmente que é fundamental seguir combatendo no día a día para poder erradicar a súa influencia.

O noso compromiso é o de seguir remando en prol de todas as mulleres, da súa emancipación e liberdade. Así, é imprescindible continuar coa posta en marcha de medidas encamiñadas a acadar a igualdade de oportunidades. E, para isto, é fundamental transversalizar o principio de interseccionalidade, tendo en conta todos os aspectos sociais (idade, orixe, etnia, nivel socioeconómico etc.) a partir dos cales se xeran dinámicas discriminatorias e violentas que obstaculizan e impiden a consecución dunha igualdade plena, real e efectiva. 

Direcciones y teléfonos

Servizos Sociais e Igualdade, (Oleiros)
Map Edificio Obelisco Rua Camilo Díaz Baliño, s/n OLEIROS
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112
Servizos Sociais E Igualdade, Villa Echeverry ( Perillo )
Map Avda. Ernesto Che Guevara, 45 Perillo
Phone 981 610 000, EXT. 3601, 3112

Asset Publisher

Back Garda Civil e Concello forman e sensibilizan o alumnado do Neira Vilas sobre violencia de xénero

A Garda Civil e o Concello de Oleiros impartiron unha xornada de sensibilización e formación dirixida ao alumnado de 4º da ESO do IES Neira Vilas, coa que se buscou achegar unha visión ampla sobre a violencia de xénero, as súas diversas manifestacións e os recursos dispoñibles para a mocidade en situacións de vulnerabilidade.
 

Durante o encontro, a Garda Civil ofreceu unha charla na que explicou ao alumnado que é a violencia de xénero, como se manifesta en diferentes ámbitos e cal é a realidade dos datos sobre esta problemática. Ademais, desde os Servizos Sociais e Igualdade do Concello tamén se presentaron os recursos municipais dispoñibles para a adolescencia, facendo fincapé na importancia de contar con espazos de apoio e asesoramento.

A exposición dos Servizos Sociais puxo en valor que este servizo municipal non é exclusivo para persoas en situacións de extrema vulnerabilidade, que tamén, senón que está aberto a toda a cidadanía, incluída a mocidade. Destacouse a dispoñibilidade de profesionais que poden ofrecer apoio e acompañamento ante situacións difíciles no ámbito familiar, afectivo ou social, mais tamén ante situacións de malestar, dúbidas e problemáticas que adoitan darse nesas idades. 

Tamén se lles presentou o SATICO, Servizo de Asistencia Técnica en Igualdade, como un espazo onde a mocidade pode acudir para resolver dúbidas sobre sexualidade, diversidade, racismo, discursos de odio, violencias machistas, LGTBIfobia e outras inquedanzas sociais. Reiterouse que desde este espazo non se xulga, ofrecendo un espazo de asesoramento, acompañamento ou de reflexión.

Tamén se tratou a existencia dos Puntos Violeta, espazos habilitados en eventos e centros educativos para ofrecer información e apoio ante situacións de violencia, e dos Puntos Arcoíris, orientados á prevención e loita contra a LGTBIfobia.

Desde o Concello de Oleiros destacouse a importancia de que a mocidade coñeza e teña acceso a estes servizos, facendo un chamamento á mocidade para que utilice estes recursos, sen medo nin prexuízos, reafirmando o compromiso municipal coa sensibilización e o apoio a quen o precise.

back link