Recursos humáns

Presentación Persoal

Presentación

 A área de Persoal e RR.HH. do Concello de Oleiros ten como obxectivo primordial a xestión íntegra dos recursos humáns e a xestión daquelas demandas externas en orde á participación en procesos de selección de persoal.

A súa ubicación reside na planta baixa do edificio situado no parque Víctor Jara nº 1 e o seu horario de funcionamento é de luns a venres de 08:00 horas a 15:00 horas.

Asset Publisher

Back Tres postos de socorristas acuáticos e tres postos de auxiliar de información e primeiros auxilios

CONVOCATORIA ESPECÍFICA NÚMERO 2025003812

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

Desde o día 6 de agosto ata o día 8 de agosto de 2025 (ambos incluídos)

PRAZO DE SUBSANACIÓN INSTANCIAS:

O día 12 de agosto de 2025

INSTRUCIÓNS REALIZACIÓN PROBAS:

1.- O único chamamento comezará pola letra H. Todas as persoas participantes deberán acudir provistas de DNI ou documentacion acreditativa da súa identidade, en todas as probas.

2.- Para os exames escritos, as persoas aspirantes deberán acudir con bolígrafo de cor negra ou azul.

3.- Para as probas físicas as persoas aspirantes deberán acudir con aletas e, optativamente, con traxe de neopreno asi como certificado médico oficial -a súa presentación será inexcusable para a realización da proba-.