Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos

Imagen Introducción Participación Ciudadana
O movemento veciñal de Oleiros é o motor social do municipio. As portas do Concello sempre están abertas para realizar propostas, observacións, críticas ou comentarios en xeral en torno a calquera asunto público. A gobernanza participativa tamén se exerce a través dos contactos cotiáns entre a institución e a cidadanía, polo que o Concello de Oleiros sempre estimula a participación de todas e todos.

Asset Publisher

Por el momento no existen registros

Nested Applications

Back Recomendacións en Radioleiros: 10 outubro 2025

"Insomniacs after school" de Makoto Ojiro e "Momentos estelares de la humanidad" de Stefan Zweig

Recomendacións en Radioleiros: 10 outubro 2025

"Insomniacs after school" de Makoto Ojiro- Infantil:

"Insomniacs after school" de Makoto Ojiro. En Milky Way

 

"Insomniacs after school" conta a historia de Ganta Nakami, un estudante de secundaria que sofre de insomnio crónico. Debido ao seu mal humor e aspecto canso, os seus compañeiros evítano, considerándoo antipático. Un día, buscando un lugar tranquilo onde descansar no instituto, descobre que o observatorio abandonado do club de astronomía é o sitio perfecto para durmir.

"Momentos estelares de la humanidad" de Stefan Zweig

- Mocidade e público adulto:

"Momentos estelares de la humanidad" de Stefan Zweig. Editado por Acantilado.

Dispoñible en eBiblio

Publicada en 1927, "Momentos estelares de la humanidad" é un ensaio histórico que reúne o que Zweig chamou 14 miniaturas históricas, é dicir 14 instantes nos que —segundo el— o destino da humanidad cambiou por obra dunha soa persoa ou dun feito puntual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.