Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos

Imagen Introducción Participación Ciudadana
O movemento veciñal de Oleiros é o motor social do municipio. As portas do Concello sempre están abertas para realizar propostas, observacións, críticas ou comentarios en xeral en torno a calquera asunto público. A gobernanza participativa tamén se exerce a través dos contactos cotiáns entre a institución e a cidadanía, polo que o Concello de Oleiros sempre estimula a participación de todas e todos.

Asset Publisher

Por el momento no existen registros

Nested Applications

Back Presentación da obra "Aprendendo a vivir na túa ausencia" de Carmen Torreiro

Xoves 7 de marzo no Teatro As Torres (Santa Cruz)

Presentación da obra "Aprendendo a vivir na túa ausencia" de Carmen Torreiro: 7 de marzo

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)

Xoves 7 de marzo ás 19:00 h.

Intervirán: a autora, Carmen Torreiro; o escritor e editor, Xulio López Valcárcel e a psicóloga, Alma López Sande.

"Aprendendo a vivir na túa ausencia" conmovedor poemario dedicado ao seu fillo Siegfried, finado o un de marzo de 2019. 

A autora, a través destes poemas, comparte unha parte íntima da súa vida: o enfrontamento á angustia pola enfermidade mental dun ser querido e ao sufrimento pola súa perda. Recollen un mundo de emocións, de amor e dor, sentimentos universais que todos compartimos. Carmen Torreiro traballou de mestra en Salamanca, Zamora e A Coruña, profesora de Lingua e Cultura Española en Besançon, Lille e París, pintora, gravadora, ceramista, escribe desde sempre. Tamén fai teatro e canto.

Como pintora realizou exposicións individuais e colectivas en Francia e España e ten obra en organismos oficiais dos dous países. Como escritora publicou en revistas e libros colectivos.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.