Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos

Imagen Introducción Participación Ciudadana
O movemento veciñal de Oleiros é o motor social do municipio. As portas do Concello sempre están abertas para realizar propostas, observacións, críticas ou comentarios en xeral en torno a calquera asunto público. A gobernanza participativa tamén se exerce a través dos contactos cotiáns entre a institución e a cidadanía, polo que o Concello de Oleiros sempre estimula a participación de todas e todos.

Asset Publisher

Por el momento no existen registros

Nested Applications

Back Concerto de Pitusa Semifusa

Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.

Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a avoa e o irmán de Pitusa irán explicándolles ás cativas e aos cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.

Duración: 60 minutos

A quen vai dirixido?

Familias con crianzas a partir de 3 anos.

Data do evento

20 de outubro

Horario

12.30 h

Lugar de Celebración

A Fábrica

Inscricións

A partir do 14 de outubro, ás 10.00 h

Prezo

Gratuíto

Outra información de interese

Terán preferencia as familias de Apego os dous primeiros días de inscrición.

 Formulario de inscrición
 

Asset Publisher

Please configure this portlet to make it visible to all users.