Dicionarios e vocabularios

Dicionarios e vocabularios

Os dicionarios e vocabularios son ferramentas de grande utilidade lexicográfica que tamén serven para resolver dúbidas ortográficas e gramaticais. Preséntanse a seguir unha serie de recursos en liña Ofrecémosche aquí un compendio dalgúns dos máis empregados en lingua galega.

  • Dicionario de galego Ir Indo. É o dicionario galego en liña máis completo, con máis de 65.000 entradas. Permite realizar buscas partindo de entradas en portugués, castelán, inglés e alemán e presenta as equivalencias nestes idiomas na maior parte das palabras, así como os antónimos e sinónimos, a etimoloxía e a flexión verbal. Nel, tamén podemos atopar un apéndice gramatical, outro de dúbidas lingüísticas e moitos recursos que nos axudan a escribir con corrección. Mais para acceder a este dicionario hai que rexistrarse.
  • Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo. É a única enciclopedia galega en liña e á parte de recoller máis de 200.000 entradas, nas que se inclúen as do dicionario de Ir Indo, tamén se poden realizar buscas desde o portugués, o inglés, o castelán e o alemán. Así mesmo, introduce material didáctico para o ensino, un xogo de preguntas, uns apartados con temas de interese como turismo e ocio, os símbolos, a lingua, os concellos e as institucións. Para acceder a esta ferramenta hai que estar rexistrado, mais o rexistro serve para as dúas aplicacións, o dicionario e a enciclopedia.
  • Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega. Esta ferramenta permite consultar o repertorio léxico estándar do galego, así como o xénero e os sinónimos das palabras.
  • Dicionario da Real Academia Galega. Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega pódese consultar en liña e, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras. Ademais, mediante un aplicativo desenvolvido no proxecto Trasno podemos integrar o Dicionario da RAG no propio buscador do navegador Firefox.
  • Dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos. A través desta páxina do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela pódense consultar  diversos vocabularios temáticos da lingua galega.
  • Vocabularios terminolóxicos na rede. Tamén o SNL da Universidade da Coruña recolle nesta páxina unha relación de termos de diferentes temáticas.
  • Obradoiros terminolóxicos da Universidade da Coruña. A través desta ligazón pódense consultar os vocabularios publicados no desenvolvemento da campaña 'Profesionaliza a túa lingua', gañadora da primeira edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras.
  • Vocabulario de linguaxe administrativa do Concello de Oleiros (PDF - 538.6 KB).