Asset Publisher

Back CONCERTO DE MAGIN BLANCO NO AUDITORIO DE MERA

 

Domingo 26 de abril ás 12:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 

Magín Blanco presenta A nena e o grilo no país das apertas.

 

Contos a través de cancións ao fío da amizade dunha nena e un grilo, que nos descobren emocións e sentimentos, apréndennos a vivir, e fan que nos mergullemos nun universo máxico e ilusionante. Historias para nenos e nenas de todas as idades, para aprender, ser e sentir, para convencernos de que podemos crear outra realidade. Móstrannos un país aberto e sen fronteiras, no que se reclama o dereito de todos e todas a ser felices. Neste mundo da nena e o grilo, o coidado da natureza, a liberdade, a igualdade, a solidariedade, a amizade ou o respecto ás distintas identidades son o ar que se respira.

 

Prezo: 2,5 euros

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 11:30 horas, ata completar a capacidade da sala.