Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.

Asset Publisher

Back Actividades de promoción da lectura para os centros de ensino público

/documents/39407/55553/DLFE-25508.pdf/0fa40f6d-4763-a3ea-1c7a-f685c9bf474b

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 13 a 17 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 13 de febreiro:
- 16:30 h. - 1º C de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.

Mércores 15 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 1º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:30 h. - 1º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Elas tres, a nena, a raíña e a bruxa: contos nas que elas son as protagonistas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Xoves 16 de febreiro:
- 10:20 h. - Alumnado de 4 e 5 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
"O rato ilustrador" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Mércores 15 de febreiro:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 1º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Valados": contacontos baseado na obra do mesmo título de Agustín Fernández Paz a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.

Xoves 16 de febreiro:
- 10:10 h. - Alumnado de 3 anos do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"O entroido dos animais", a cargo da actriz e contadora Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros