Novas

Asset Publisher

Back El pleno aprueba una moción del Gobierno local en la que insta al Ejecutivo central a declarar

Oleiros, 26 de setembro de 2014-. O grupo de Goberno do Concello de Oleiros presentou onte unha moción na que reivindica a importancia das bibliotecas públicas na nosa sociedade e nas que insta ao Executivo central que declare a todas as bibliotecas públicas municipais exentas do pago por préstamo, atendendo á posibilidade recollida no artigo dunha directiva europea sobre dereitos de aluguer e outros dereitos afíns aos dereitos de autor no ámbito da propiedade intelectual. Esta iniciativa do Goberno local, que foi aprobada, contou co apoio dos grupos municipais do BNG e POSE e coa oposición frontal do PP. 

 

A moción manifesta o rexeitamento e desconformidade co establecemento dunha taxa por préstamo en bibliotecas públicas, unha taxa por número de usuarios efectivos do servizo de préstamo e unha taxa por número de obras adquiridas anualmente para tal efecto por cada establecemento mentres non se pode aplicar o pago por préstamo e insta ao Goberno de España a derrogar o decreto do mes de xullo no que regula este pago.

 

No argumentado texto o Goberno defende que as bibliotecas públicas cumpren unha función de difusión da cultura e o pensamento, garanten o dereito de todos á información, á cultura e á educación, á igualdade de oportunidades, á formación e consolidación dos valores democráticos, ademais de defender a liberdade de expresión. A principal función das bibliotecas públicas é impulsar o hábito da lectura, e ese é o mellor servizo que poden ofrecer á cultura e aos autores.

 

A lectura é un ben e un dereito público que non debe estar suxeito a límites nin restricións de ningunha clase. Este canon supón introducir unha lóxica mercantil nun servizo público como a biblioteca. Non é ético, e ademais é inxusto, que o sector privado, é dicir, as entidades de xestión, cobren un imposto ao sector público. No canon por préstamo, dáse a contradición de que canto máis e mellor traballa unha biblioteca, canto máis presta, cantos máis usuarios ten, máis diñeiro ten que pagar. 

 

A biblioteca pública é unha defensora da cultura, garantía do acceso a todos os cidadáns ao seu patrimonio cultural e animadora da creación literaria, é un lugar privilexiado para o encontro dos autores/as cos seus lectores e ten un papel activo na construción dunha sociedade mellor. A función social da biblioteca está en poñer ao alcance da poboación máis desfavorecida economicamente o acceso á cultura e á información.