Novas

Asset Publisher

Back Declaración institucional do Concello de Oleiros respecto ao xenocidio islraelí contra o pobo p

Oleiros, 4 de agosto de 2014-. O pasado 31 de xullo, o grupo do Goberno local leu unha declaración durante o pleno ordinario que se celebrou na Casa Charry.  O texto censura o holocausto que se está a levar a cabo e no que as matanzas masivas e os campos de concentración levan tempo sendo a realidade que se vive cada día nos territorios ocupados. 

Ademais a moción sinala  a  necesidade de sacar á luz estas atrocidades, e que isto debe de constituír o deber irrenunciable xa non de xornalistas ou analistas, senón de todos nós, de toda a cidadanía e de todos os representantes do pobo. Deste xeito non cabe outra que condenar o ataque criminal perpetrado polo Estado de Israel contra a franxa de Gaza, reclamando o cese inmediato dos ataques e bombardeos israelís contra o pobo palestino.

TEXTO COMPLETO