O vindeiro luns os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio en autobús descapotable.
Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:
16:30 H - Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
16:40 H - Urbanización Os Regos, avenida Isaac Díaz Pardo
16:50
H – Urbanización O Seixo, rúa Cormorán
17:00 H - Casa do pobo
de Nós
17:20 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
17:35 H - Casa do pobo de Iñás
17:50 H – Casa do pobo de
Dexo
18:00 H – A Lagoa de Mera
18:15 H – Urbanización
Rialta, parque Nicolás Redondo
18:30 H – Praza Esther Pita de
Santa Cruz
18:45 H - Av. Santa Cristina
19:00 H –
Polideportiva II República de Perillo
Paralelamente, as entidades veciñais organizan o luns distintas actividades festivas coincidindo coa cabalgata. É o caso da Asociación de Veciños de Dexo que ofrece unha chocolatada na Casa do pobo tralo paso dos Reis Magos. En Mera, todas as entidades organizan conxuntamente unha festa desde as 4 da tarde con xogos populares, chocolatada e recepción real. En Perillo, a Asociación de Veciños A Ría tamén ofrecerá chocolate e roscón desde as 18:30 horas na polideportiva da II República para agardar a chegada do autobús cos Reis Magos.
Tamén haberá festas durante a fin de semana. Mañá sábado en Iñás, a
Asociación de Veciños O Hórreo, organiza unha visita dos Reis Magos á
Casa do pobo a partir das 18:00 horas. O domingo en Nós haberá cantos
de reis e recepción ás súas maxestades con chocolatada a partir das
17:30 horas na Praza da Liberdade. En Santa Cruz, a Asociación de
Veciños Santaia organiza unha recepción real ás 17:30 horas no Centro
Cívico, acompañada de chocolate e roscón.