Percorre esta ruta circular pola nosa fermosa costa desde a que gozaremos dunha vista marabillosa da Marola, atravesando máxicos bosques, coñecendo a contorna natural e cultural, vendo o mar do golfo Ártabro. Unha ruta por interior e costa, bosque e mar, campos..., unha senda chea de curiosidades e palabras, sons e olores. Polo camiño pararemos a realizar un obradoiro de artesanía e natureza.
Duración total: 2.30 min (ruta+obradoiro)
Familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos (non se pode acceder con carro).
24 de maio
11.00 horas
Percorrido pola costa de Dexo
A partir do 19 de maio, ás 10.00 horas.
De balde
Terán preferencia as familias de Apego os dous primeiros días de inscrición.