Esta é unha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega e Valle Inclán que asisten ás clases de NosArte: arte e pintura, dirixidas pola profesora Laura Gualda, docente e artista desde hai 16 anos. Nesta exposición, conmemorativa do Día das Letras Galegas, tamén colaboraron pais e nais deste gran círculo artístico chamado NosArte.
Do 16 ao 28 de maio
Inauguración venres 16 de maio ás 20.00 horas
De luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas
Centro Cultural A Fábrica
(Rúa do Inglés, 13, Perillo - Oleiros)