Actuacións da Escola de Danza en decembro de 2025 no auditorio GGM (Mera):
|
DÍA |
ACTIVIDADE |
HORA |
|
Xoves 18 |
Didáctico Viaxe á antiga Grecia |
11.30 |
|
Venres 19 |
Actuación Viaxe á antiga Grecia |
19.00 |
|
Sábado 20 |
Actuación Lyrical e Urbano |
12.00 |
Auditorio Municipal Gabriel García Márquez, Mera
Agora Danza! Viaxe á Antiga Grecia, do Centro Municipal de Artes Escénicas
A Escola Municipal de Danza de Oleiros presenta unha proposta educativa e artística especialmente deseñada para centros escolares: un ballet sobre a Antiga Grecia que combina danza, historia e música nunha experiencia única e enriquecedora.
Este espectáculo é unha representación escénica e unha actividade pedagóxica que busca achegar o alumnado á cultura clásica de forma dinámica e participativa. Ao longo da función, intercalaranse explicacións breves e accesibles sobre:
Mitos, momentos e figuras da mitoloxía grega, homenaxeando a unha civilización que soñou coa beleza e a sabedoría.
Música utilizada no espectáculo, con referencias a estilos, instrumentos e compositores.
Elementos do ballet, incluíndo nocións básicas sobre a linguaxe corporal, a técnica e elementos utilizados nun espectáculo.
- Obxectivos
- Aproximar o alumnado á arte da danza como forma de expresión corporal, cultural e emocional.
- Fomentar a sensibilidade artística e o gusto polas artes escénicas, valorando a danza como un medio de comunicación universal.
- Desenvolver a capacidade de observación, atención e gozo estético a través dunha experiencia escénica.
- Achegar o alumnado á cultura da Antiga Grecia mediante unha experiencia artística e educativa.
- Promover a aprendizaxe interdisciplinar combinando historia, música e danza.
- Contidos
- Mitoloxía grega, historia e cultura da Antiga Grecia
- Música e sonoridade no ballet
- Elementos básicos da Danza Clásica
- Elementos dun espectáculo de Ballet Clásico
- A educación artística e emocional, a través do corpo e o movemento
- Participantes
Alumnado de 5º e 6º de educación primaria
- Temporalización
18 de decembro de 2025 ás 11h
- Lugar
Auditorio Municipal Gabriel García Márquez, Mera
Actuación Lyrical Jazz e Danzas Urbanas
- Programa
Cinco bailes coreografiados por Amara Pérez para o alumnado de 6º, 7º, 8º e Avanzado de danza clásica na modalidade de lyrical jazz.
Un baile de danza neoclásica en puntas, con coreografía de Beatriz Gallego.
Cinco coreografías de Myriam González para os tres grupos de Danzas Urbanas.
- Temporalización
Sábado 20 decembro
- Horario
Apertura portas: 11:30
Actuación: 12.00
- Lugar
Auditorio Municipal Gabriel García Márquez, Mera