Hemeroteca

Asset Publisher

Back Un terrorista ecolóxico acaba con 15 castiñeiros no parque das Galeras

Oleiros, 17 de agosto de 2016-. Un total de 15 castiñeiros pratandos recentemente no parque das Galeras foron atacados por un terrorista ecolóxico, nun novo acto contra o patrimonio natural dos veciños de Oleiros. Dáse a casualidade que este atentado ecolóxico prodúcese ao mesmo tempo que remata a construción de dúas novas vivendas na rua Máximo Gómez, xusto en fronte da zona verde onde se atopan os castiñeiros asasinados.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, expresou hoxe o profundo malestar por este tipo de comportamentos. “O que compra unha casa ou un terreo para edificar non é propietario das zonas verdes públicas que ten nas proximidades da súa propiedade. Todas aquelas persoas que sexan urbanitas e lles guste máis o asfalto que as árbores é mellor que non veñan para Oleiros e queden na cidade, pero este tipo de ataques contra o patrimonio natural non se poden tolerar”, dixo.
 

back link