Oleiros, 24 de setembro de 2020-. Os artistas Joselete El Boquerón, Karlos Barral e Carolina Blanco ofrecerán un espectáculo de danza purista, guitarra, cante, percusión e baile flamenco no centro cultural A Fábrica, en Perillo, este domingo ás 20:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a un prezo de 2,50 euros.
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
Este espectáculo cultural organizado polo Concello de Oleiros forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.