Hemeroteca

Asset Publisher

Back Raquel Capote actúa o sábado na Fábrica

 Oleiros, 8 de febreiro de 2022-. O IX Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno continúa este sábado cun concerto da cubana Raquel Capote no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 3,50 euros.

 
Será un concerto con grandes boleros e sons, cun fermoso repertorio que distingue a Isolina Carrillo, Sindo Garay, Miguel Matamoros, María Teresa Vera, Violeta Parra, Osvaldo Farrés e Adalberto Álvarez, entre outros.
back link