Trátase dun impoñente volume de mil páxinas que ademais da obra narrativa máis coñecida da escritora, “Néveda”, inclúe os relatos “A y-alma de Mingos”, “Martes d’Antroido”, “A neta da naipeira” e “Contos da Montaña”. Tamén aparece a súa prolífica obra poética agrupada nos libros “Sorrisas e bágoas”, “Almas de Muller… volallas na luz”, así como poesías publicadas en xornais e revistas como ‘Vida Gallega’ ou ‘Diario de Galicia’, e un conxunto de 9 textos inéditos.
A publicación recolle dous amplos estudos biográficos —un de Camiño Noia e outro de José Leoncio—, así como unha análise crítica da obra literaria a cargo de Noia, que é catedrática emérita da Universidade de Vigo, que xa en 1981 recupera a Francisca Herrera como a primeira narradora do século XX en galego.
A súa estadía en Oleiros fixo que, non só exista unha clara identificación entre a diversos lugares do Concello nos que habitou, como Dorneda e a propia capital municipal —a súa vía principal leva o nome da escritora—, Senón que o seu léxico en galego enriqueceuse grazas á súa residencia aquí. En concreto, no seu poema “O capitán (O pino máis alto de Oleiros)” cita moitos topónimos e parroquias do municipio.
A súa significación na literatura galega levouna a ser designada Membro da Real Academia e a dedicarlle o Día das Letras Galegas de 1987, o que aumentou a súa popularidade.