Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros recibe a visita do alcalde do municipio Salvadoreño de Ciudad Delgado

Oleiros, 14 de novembro de 2011-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu hoxe a visita do seu homólogo do municipio salvadoreño de Ciudad Delgado, Tomás Minero. Ambos rexedores mantiveron un encontro de algo máis dunha hora onde aproveitaron para repasar a actualidade dos seus concellos, intercambiar impresións e falar sobre posibles liñas de cooperación entre ambas administracións para levar a cabo proxectos que contribúan ao desenvolvemento desta poboación do Salvador. No encontro estiveron presentes Marga Figueroa Vázquez, concelleira de Participación Cidadá e Cooperación do Concello de Oleiros e  Leticia Guadalupe Oviedo, edila no municipio de Ciudad Delgado.
O municipio de Ciudad Delgado atópase asentado a 3,5 quilómetros da cidade de San Salvador e forma parte da área administrativa e xeográfica coñecida como Área Metropolitana de San Salvador. Ciudad Delgado é un municipio con 120.200 habitantes e unha extensión territorial de 33.42 quilómetros cadrados.
 

back link