Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros celebra por todo o alto o día do libro infantil e xuvenil nas bibliotecas municipais

 Oleiros, 31 de marzo de 2015-. O Concello de Oleiros organiza a través da Rede Municipal de Bibliotecas un completo programa de fomento da lectura co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. En total serán máis de 22 actividades que se levarán a cabo nas oito bibliotecas da rede. Para participar nalgúns actos é necesario inscribirse previamente a través da biblioteca que o alberga.

 
 
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA 
 
1. Obradoiro e espectáculo de maxia con Chrystyan Magic: O 9 de abril levarase a cabo un obradoiro e un espectáculo de maxia para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Ás 18:30 horas terá lugar o obradoiro e ás 19.30 horas   realizarase o espectáculo de maxia. Trátase dun espectáculo creado a través da imaxinación e baseado na maxia que se pode desprender da lectura. Mediante a sucesión de xogos de maxia, Chrystyan intentará descubrir a ilusión, a fantasía e a maxia que se esconde nos libros. 
 
2. «Sol e led: expo da ciencia á ficción da luz»: Exposición de libros de contidos, ficción e DVD relacionados coa temática da luz e tecnoloxías afines, para conmemorar o Ano Internacional da Luz proclamado pola ONU. 
 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ 
 
1. Hora do conto: o 8 de abril ás 18:30 horas, Raquel Queizás contará "Nano e Dara", para nenas e nenos de 1 a 4 anos. Capacidade limitada. Imprescindible reservar praza chamando por teléfono ao 981 626 338.
 
2. Exposición bibliográfica de literatura infantil e xuvenil actual. 
 
3. Exposición de fotografías de lectoras e lectores infantís cos libros que lean durante o mes de abril. 
 
4. Obradoiro de marca páxinas e obradoiro de debuxo.
 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA 
 
1. Hora do conto: o 10 de abril, ás 18:30 horas, coa compañía Pavís Pavós e a actividade Palma repalma dirixida a nenas e nenos de 1 a 4 anos. Capacidade limitada. 
 
2. Exposición de libros infantís de autores e autoras galardoados co Premio Andersen. 
 
3. Mostra bibliográfica: Libros infantís de autores e autoras galegos actuais. 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA 
 
1. Exposición bibliográfica co máis representativo da literatura infantil e xuvenil actual. 
 
2. Marca a túa páxina: Cada neno e nena participante realizará un marca páxinas partindo duns modelos preestablecidos. 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS 
 
1. Mural de fotografías nas que os protagonistas serán os libros.
 
2. Exposición Bibliográfica co máis novidoso e representativo da literatura infantil e xuvenil actual. 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ 
 
1. Exposición bibliográfica co máis representativo da literatura infantil e xuvenil actual. 
 
2. Elección do mellor libro de literatura infantil entre todos os usuarios e usuarias da biblioteca. 
 
3. Concurso de debuxos, Que é para ti un libro? 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS 
 
1.Exposición: Libros infantís de autores galardoados co Premio Andersen. 
 
2. Mostra bibliográfica: Libros infantís de autores  galegos actuais. 
 
BIBLIOTECA MUNICIPAL FEDERICO GARCÍA LORCA.MONTROVE 
 
1. Marca a túa páxina: Cada neno e nena realizará un marca páxinas partindo duns modelos preestablecidos. 
 
2. Facemos un libro: Elaboración dun libro a partir dos contos, poemas e debuxos dos propios nenos e nenas que queiran participar.  
 
3. Exposición de libros de Andersen.
 
back link