Oleiros, 18 de xullo de 2022-. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello, organiza esta tarde a actividade “Non pases palabra”, para concienciar sobre a importancia do dereito a educación, os obxectivos de desenvolvemento da axenda 2030 e a realidade de Guatemala. O xogo estará instalado desde as 18:30 horas, na praza Afundida de Santa Cristina.