Hemeroteca

Asset Publisher

Back O xoves ás 20:00 celébrase o pleno ordinario do mes de xullo

Oleiros, 26 de xullo de 2016-. O salón principal da Casa Charry acolle o xoves o pleno ordinario do mes de xullo. A sesión desenvolverase no horario habitual, desde as 20:00 horas.

Entre outros asuntos, o Goberno municipal aprobará os dous festivos de carácter local que haberá no 2017. Un deles será o martes de entroido, que coincide o día 21 de febreiro. O outro será o luns de pascua, que cae o 17 de abril. Tamén se dará conta dos decretos de alcaldía e do informe sobre os pagamentos do Concello de Oleiros.
 

back link