Como vén sendo habitual, o Concello asina cada ano un convenio de colaboración coas entidades participantes para a organización do torneo municipal, cun orzamento de 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos para os clubs participantes.
Os equipos femininos son: Unión Campestre F.C., Santa Cruz C.F, Marino C.F, Xuventude Dorneda e Atlético San Pedro. Os equipos participantes en categoría masculina son: Xuventude Dorneda, C.D Obrero e A.D Cristo Rey –grupo 1-; Marino C.F., Santa Cruz C.F e Mercurio S.D –grupo 2-; e Unión Campestre F.C., Atlético San Pedro e Hércules S.D –grupo 3-.
Os encontros femininos comezarán o xoves 14, ás 20 h, co partido Marino-Dorneda (A Marola). Ás 21:15 h disputarase o Santa Cruz-U. Campestre (Leonardo Maceiras). O sábado, ás 18 h, xogarase o Marino-San Pedro (A Marola) e, o domingo, tamén na Marola, o Santa Cruz-U.Campestre, ás 17:00 h.
Abrirá o campionato masculino o sábado 16 ás 19:30 h o encontro Marino-Santa Cruz, no Campo Municipal A Marola. O domingo 17, ás 18:30 h, disputarase o partido Dorneda-Obrero (A Marola); ás 19:00 h, o Unión Campestre-Atlético San Pedro (O Redondo); e ás 20:00 h, o Hércules-Perillo (Eugenio Pardo Conchado). Nesta primeira xornada descansan Cristo Rey e Mercurio.