Hemeroteca

Asset Publisher

Back O prazo de inscrición no programa de actividade acuática escolar estará aberto do 15 ao 23 de setembro

Imagen O prazo de inscrición no programa de actividade acuática escolar estará aberto do 15 ao 23 de setembro

O prazo de inscrición no Programa Municipal de Actividade Acuática Escolar estará aberto do 15 ao 23 de setembro de 2025. Esta iniciativa desenvolverase nas piscinas municipais de Oleiros, Dorneda, e no caso das persoas participantes na Fábrica, na piscina de Perillo. 

O programa terá lugar desde o 1 de outubro de 2025 ata o 12 de xuño de 2026, cunha sesión semanal durante todo o curso académico, seguindo o calendario escolar. A inscrición deberá realizarse na piscina correspondente, segundo a actividade asignada a cada centro educativo. Para formalizar a matrícula será necesario entregar DNI, xustificante de IBAN e libro de familia numerosa, se procede. 

O programa conta con prezos públicos reducidos, con tarifas especiais para persoas abonadas e bonificacións adicionais para familias numerosas. Así, para educación infantil a cota mensual sitúase en 10,04 euros para non abonados e 5,29 euros para abonados, mentres que para educación primaria será de 6,83 e 3,60 euros respectivamente.

No caso de que a demanda supere as prazas dispoñibles, o Concello realizará un sorteo público no auditorio da Fábrica para garantir a igualdade de oportunidades no acceso.