Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello reclama a modificación do itinerario dos buses nocturnos para as festas de Perillo

O Concello solicitou á Xunta de Galicia e á empresa concesionaria do servizo de transporte público que o autobús nocturno para as festas de Perillo conecte todas as parroquias do municipio. De facerse tal e como está prevista só se lle dará servizo a cidadáns da Coruña, deixando todas as parroquias de Oleiros sen autobús nocturno.

O Concello reclama que se modifique o itinerario desta liña de transporte especial prevista para as noites do venres e o sábado e se establezan dúas rutas; unha ata Dexo e Lorbé polo intenerario regular da estrada da costa cubrindo tamén Santa Cruz, Dorneda, Serantes e Maianca; e outra desde Perillo pasando por Montrove, Oleiros, Iñás e Nós. Este sería o único xeito de establecer un sistema útil para a cidadanía de Oleiros e non pensar unicamente nos cidadáns da cidade que desexen vir á esta festa.
 

back link