Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello recibe o novo camión de bombeiros e o equipo de excarceración

Oleiros, 15 de xullo de 2016-. O Concello de Oleiros xa ten un novo camión contra incendios, dotado das últimas tecnoloxías e dun equipo de excarceración. Esta mañá foi recepcionado o vehículo polos responsables municipais e partir de agora xa poderá atender as emerxencias que xurdan no municipio.

A Xunta de Galicia boicoteou en repetidas ocasións as solicitudes realizadas polo Goberno local para que Oleiros dispuxese deste camión,  acorde ás necesidades dun concello de 40.000 habitantes. Os 225.000 euros que costou o vehículo non lle corresponde pagalos ao Concello, polo que amparándose na ordenanza fiscal sobre contribucións especiais liquidaránselle a UNESPA (Unión Española de Entidades Aseguradoras y Reaseguradoras).
 

back link