Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello porá buses gratuítos a Santiago para que as ANPA se mobilicen se a Xunta continúa sen incorporar o profesorado de apoio recortado

No caso de que a Xunta de Galicia non rectifique e incorpore de inmediato o profesorado de apoio recortado nos colexios Juana de Vega e Rabadeira, o Concello porá a disposición das ANPA gratuitamente os buses que precisen para desprazarse ata Santiago e concentrarse ante a Consellería. Resulta insultante que transcorridas xa varias semanas, a Consellería de Educación siga sen dar resposta nin aos colexios, nin ás familias, nin ao Concello de Oleiros.

O profesorado de apoio para o alumnado con necesidades educativas especiais é un dereito básico, fixado na Lei de atención á diversidade, que se está a incumprir nestes dous colexios de Oleiros. 
 

back link